O equipo
José Campanari
Autor e Director
Actor, director teatral, autor, contador de historias e formador.
Neto de inmigrantes italianos nace en Bos Aires en 1959.
En 1982 baixa do tren que o levaba polo camiño da arquitectura para subirse ao tren das artes escénicas.
Varias viaxes tráeno a Galicia, onde reside dende 1999.
Deste lado do océano traballa con Berrobambán, Matapiollos, Matarile, Excéntricas, Sapristi, entre outras compañías teatrais, ao tempo que desenvolve a súa actividade individual como contador de historias e formador de xente que conta.
Escribe en trens, avións e autobuses algunhas obras de teatro para a familia e publica libros de literatura infantil e de teoría sobre narración oral e teatro.
Profesionalmente viaxa por Arxentina, Uruguai, Perú, Ecuador, Venezuela, Colombia, Canadá, España, Portugal, Italia e Francia.
Aquimesmo sube ao tren que conduce a Pínconús.
Piti Sanz
Música
En Pínconús non temos un frautista como en Hamelin pero temos ao gran Piti Sanz. Para este espectáculo compuxo unha música que, sen dúbida, fará viaxar ao público detrás del.
É ben complicado resumir a traxectoria de Piti porque se trata dun dos músicos máis recoñecidos de Galicia e, dende o ano 1990, leva feitas infinidade de composicións para cine e teatro.
Ao longo destes anos o seu traballo foi merecedor de varios premios María Casares e Mestre Mateo, ademais de outras moitas ocasións nas que foi finalista.
No 2019 convértese en director da Orquestra Nacional de Pínconús.
Escenografía
A.E.R.P.
Vestiario
Attacare Bottone
Adestramento Vocal
Silvia Chigliak / Heiko
Fotografía
La Cosa Gráfica
VivaLugo
Vídeo
FXFoley