It is critical that you know sufficient best paper writing service reddit 2022 Writing Exhibition Evaluations. September 1, 2017. AHTR Weekly Types. Announcement

Teatro

Sinopse

Un día calquera na estación de tren de Aquimesmo.
Unha billeteira que ven e que vai.
Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo.
As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir.
As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren.
O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros.
Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado PÍNCONÚS.

Ven visitarnos

Se queres facer unha viaxe a Pínconús, contacta con nós e levaremos o tren dende a túa localidade ata a estación de Aquimesmo.

Que significa “Pínconús”?

Ninguén coñece o seu significado pero si sabemos que provoca un estado de felicidade.

Elenco

Ana Carreira

Actriz, narradora oral e escritora; é titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia.

Carlos Rebolo

Carlos é unha figura imprescindible na escena teatral lucense dende hai moitos anos.

Marga Portomeñe

Profesora de teatro, directora do grupo de teatro de maiores de Rábade, e actriz.

Carlos Coira

Editor, libreiro e mago comenzou a actuar no ano 1993 mentres estudaba filoloxía en Santiago de Compostela.